InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo aborda co presidente da Xunta o proxecto para...

O alcalde de Ribadeo aborda co presidente da Xunta o proxecto para a construción de vivenda

O alcalde Dani Vega subliñou: “a noticia desde o Concello acollémola evidentemente cunha alegría enorme porque levamos traballando meses para delimitar o espazo, entregar e traballar conxuntamente cos técnicos da Xunta para que isto fora posible"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, considera moi importante para Ribadeo que a Xunta aborde un proxecto de interese autonómico para desenvolver solo destinado á construción de 300 vivendas das que o 80% serán protexidas.

O rexedor declarou: “unha gran noticia que hoxe o Consello da Xunta abordara o proxecto de interese autonómico para desenvolver solo para construír 300 vivendas en Ribadeo. A noticia é importantísima, é unha noticia de gran calado., estamos falando de inversións a futuro, de inversións que, evidentemente, transforman Ribadeo e dun crecemento evidente do noso concello”.

Vega explicou que “estamos a falar dun espazo de 7,6 hectáreas que se dedicarán á construción de vivenda. Estamos a falar de 300 vivendas e que o 80% serán protexidas. Estamos traballando agora técnicos do Concello con técnicos da Xunta para concretar o espazo, ver como vai quedar a zona que eliximos, como vai quedar o espazo que vamos utilizar para construír vivenda e evidentemente no Consello da Xunta hoxe arranca un proxecto de vivenda, do que o 80 % vai ser protexida para Ribadeo”.

O alcalde manifestou: “estamos a falar que hoxe ó Consello da Xunta foron as grandes cidades de Galicia: Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Vigo ou Pontevedra, pero tamén foi Ribadeo. E isto é tamén o gran esforzo que está facendo a Xunta de Galicia por potenciar unha vila que está nese espazo xeográfico entre Galicia e Asturias, esa capital do encontro, que tamén vai hoxe a empezar un gran traballo na construción de vivenda”.

Dani Vega subliñou: “a noticia desde o Concello acollémola evidentemente cunha alegría enorme porque levamos traballando meses para delimitar o espazo, entregar e traballar conxuntamente cos técnicos da Xunta para que isto fora posible. Agradezo aos técnicos municipais todo o traballo que están a facer. E vamos seguir, vamos seguir traballando para que Ribadeo, o noso Ribadeo, o Ribadeo que queremos todos, siga avanzando”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...