InicioOrientalRibadeoRibadeo continúa co tratamento ás palmeiras afectadas polo picudo vermello

Ribadeo continúa co tratamento ás palmeiras afectadas polo picudo vermello

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que “estamos preocupados pola delicada situación na que se atopan as palmeiras dos parques e espazos públicos, de aí que estes días estámoslles a aplicar un tratamento en ducha de acetamiprid"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo segue tratando as palmeiras afectadas polo picudo vermello, unha das pragas máis destrutivas en todo o mundo para estas plantas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que “estamos preocupados pola delicada situación na que se atopan as palmeiras dos parques e espazos públicos, de aí que estes días estámoslles a aplicar un tratamento en ducha de acetamiprid. Segundo nos explican desde a empresa que realiza este traballo trátase dun insecticida sistémico neonicotinoide específico para acabar co picudo vermello, un insecto que está atacando ás palmeiras de Ribadeo, de todo Galicia e do Occidente asturiano, así como noutros moitos lugares de todo o mundo”.

O edil ribadense indicou que “se acordoaron os parques para poder aplicar este insecticida desde unha carretilla e empregando un lanza”. Diego Dos Santos dixo que “un claro exemplo do perigo que supón o picudo vermello témolo na Devesa, onde en poucos meses acabou con 15 palmeiras”.

O concelleiro de Medio Ambiente anunciou que “desde o Concello imos sacar un Bando animando ás veciñas e veciños que teñan palmeiras nas súas propiedades a que as traten tamén, si queren conservalas. O picudo vermello é moi agresivo e está atacando duramente a todas as palmeiras. Non hai máis que dar un paseo por Ribadeo e ver como están tanto as dos espazos públicos como as das fincas particulares”.

E engadiu: “as persoas que non saiban como actuar coas súas palmeiras poden achegarse polo Concello de Ribadeo, onde serán asesorados polo técnico de Medio Ambiente”.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...