InicioOrientalRibadeoRibadeo presenta un modelo inclusivo na FEMP contratando persoas con discapacidade intelectual...

Ribadeo presenta un modelo inclusivo na FEMP contratando persoas con discapacidade intelectual e mellora na accesibilidade

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, sinalou que: "é un orgullo que Ribadeo veña a Madrid, á Federación Española de Municipios e Provincias, explicar dous proxectos que verdadeiramente son moi importantes”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo é un concello inclusivo, que vai participar nun proxecto piloto para facilitar o baño das persoas con mobilidade reducida nunha das praias do municipio e contratará a unha persoa con discapacidade intelectual, que traballará directamente coa Alcaldía. Este modelo foi presentado hoxe na Federación Española de Municipios e provincias.

O rexedor, Dani Vega, contou que “Ribadeo acude a Madrid, á Federación de Municipios e Provincias, a explicar dous proxectos innovadores, dous proxectos singulares, que poñen no centro á persoa. O primeiro deles é a contratación dunha persoa con discapacidade intelectual. Parécenos fundamental, parécenos que debemos ter un modelo de integración e, en consecuencia, había que contratar a unha persoa, que pertence á asociación Down Lugo”.

Vega subliñou que “vamos ser o único Concello da provincia que teña unha persoa contratada con discapacidade intelectual e adxunta directamente á alcaldía. Un paso cualitativo, un paso para poñer no centro, verdadeiramente, o valor, o verdadeiro valor da persoa”.

O alcalde explicou que “tamén vamos ser o único Concello que vamos ter un proxecto piloto nunha das praias de Ribadeo, que estamos analizando cal vai ser, para ter persoal de apoio para axudar ás persoas con mobilidade reducida para que poidan introducirse na auga e así, con tranquilidade, dar un baño. Creo que este é un paso tamén moi significativo, seremos o único Concello de Galicia que vai ter persoas de apoio e persoas moi cualificadas e que están a defender todos os días ás persoas con discapacidade, con mobilidade reducida, como é a asociación Cogami. Agradézolle todo o traballo que está a facer, todo o apoio que nos está a trasladar a Ribadeo e, polo tanto este proxecto piloto, que vai a ser o primeiro en Galicia, con equipamento para estas persoas, pero tamén con persoal de apoio de Cogami”.

Dani Vega engadiu: “tamén lle quero agradecer á Xunta de Galicia o financiamento do 100 % deste proxecto. Volvemos demostrar que Ribadeo pode, e estamos traballando nun concepto clave, que é a mobilidade, poñela no centro e poñer á persoa verdadeiramente nas políticas activas dos gobernos municipais. É un orgullo que Ribadeo veña a Madrid, á Federación Española de Municipios e Provincias, explicar dous proxectos que verdadeiramente son moi importantes”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...