InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo acusa ao PP de rexeitar a consignación de...

O BNG de Ribadeo acusa ao PP de rexeitar a consignación de orzamentos para saneamento rural

Segundo trasladou o BNG, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, acusou a proposta do BNG de "maquiavélica e tratou de emendala propoñendo pedir mediante un convenio excepcional 250 000 € á Deputación de Lugo para saneamento"

Publicada o

- Advertisement -

No último pleno celebrado este martes 27 de xaneiro do Concello de Ribadeo o grupo municipal do BNG presentou unha moción para que se destinasen 100 000 € do Plan Deputación para obras de saneamento nas parroquias do rural.

A motivación viña dada polo “nulo investimento realizado neste eido polo Goberno do PP de Ribadeo desde que chegou á alcaldía, e tras comprobar que nos Orzamentos do 2026 a partida orzamentaria para saneamento era de novo inexistente”.

A proposta foi feita “respondendo ás demandas de veciñas e veciños de diversas parroquias que notan en falta as obras de saneamento que se viñan facendo de xeito programado e progresivo nos mandatos do BNG”. O BNG sinala ademais, que o alcalde de Ribadeo os acusou de minguar o investimento para Ribadeo e de restar orzamento para estradas e para o SAF, que se financian en parte con este Plan Deputación.

A moción do BNG segundo os nacionalistas “era clara, concisa e permitiría poder realizar este mesmo ano melloras no saneamento porque xa se disporía de orzamento concreto. Pero o PP votou non”.

Segundo trasladou o BNG, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, acusou a proposta do BNG de “maquiavélica e tratou de emendala propoñendo pedir mediante un convenio excepcional 250 000 € á Deputación de Lugo para saneamento”. Ademais diso: “Tentou de disfrazar, agora que vén o entroido, a incompetencia deste goberno para planificar e xestionar nada, e de paso lanzarlle un órdago á Deputación para que lle saque as castañas do lume e se non o fai ter a quen botarlle a culpa”.

O BNG apunta que é o goberno municipal quen ten que solicitar ao resto de administracións o que considere preciso para Ribadeo e utilizalo como considere. O Bloque tamén sinala que “respecto ao saneamento no rural, nin fixo nada en 3 anos, nin presentou onte ningunha moción para demandar que se financie por parte doutra administración“.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...