InicioOrientalRibadeoRinlo e A Devesa, súmanse ás parroquias de Ribadeo para recibir as...

Rinlo e A Devesa, súmanse ás parroquias de Ribadeo para recibir as charlas de saúde ‘Preto de Ti’

Publicada o

- Advertisement -

O programa de charlas de saúde Preto de ti amplía o seu alcance coa incorporación de dúas parroquias máis, Rinlo e A Devesa, achegando á veciñanza información clave sobre a diabetes, o seu control, a prevención e a mellora da calidade de vida.

Estas sesións teñen como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas e accesibles para que a poboación poida coidar da súa saúde, fomentar hábitos de vida saudables e resolver dúbidas relacionadas cunha enfermidade cada vez máis presente na sociedade.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, anima a toda a poboación a participar nestas charlas e amosa a súa satisfacción pola boa acollida da iniciativa: “estamos moi contentas coa participación da xente. Que a veciñanza se implique, se informe e se coide é fundamental, e desde o Concello queremos seguir ofrecendo ferramentas que fagan posible unha mellor calidade de vida”.

Moitas foron as persoas que onte asistiron á charla sobre a diabetes celebrada en Vilaselán. Foi impartida por María Roel, enfermeira da Área de Benestar Social do Concello. Hoxe a cita será ás 18:00 horas en Ribadeo.

As seguintes charlas sobre a diabetes terán lugar o día 3 de febreiro en Arante, o 5 en Cedofeita, o 9 en Cinxe, o 10 na Devesa e o 11 en Rinlo.

Desde o Concello destácase a importancia de achegar este tipo de actividades aos diferentes núcleos de poboación, facilitando o acceso á información sanitaria e reforzando o compromiso coa prevención e o benestar das familias.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...