InicioOrientalRibadeoPleno extraordinario en Ribadeo, o BNG vota en contra do plan de...

Pleno extraordinario en Ribadeo, o BNG vota en contra do plan de saneamento presentado polo equipo de goberno

O pleno extraordinario convocado este pasado martes buscaba pedir á Deputación de Lugo 250.000 euros para obras de saneamento nas parroquias

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno do Concello de Ribadeo non entende que o BNG votase en contra no pleno celebrado onte para solicitar un convenio extraordinario de 250.000 euros á Deputación de Lugo para o saneamento nas parroquias.

A voceira Marta Saiz contou que “o grupo de goberno do Concello de Ribadeo presentou unha emenda de substitución á moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego na que lle solicitaban ao Concello que se dedicaran 100.000 euros do Plan Único ao saneamento no rural. O noso grupo emendou esta moción indicando a posibilidade de solicitar un convenio extraordinario de 250.000 euros á Deputación de Lugo para o saneamento, tal e como fan outros Concellos e desta maneira non mermar os presupostos do Concello destinados para melloras nas estradas e no Servizo de Axuda no Fogar”.

Saiz dixo: “curiosamente esta proposta foi rexeitada polo BNG, e vota non a solicitar conxuntamente un convenio á Deputación de 250.000 euros para o saneamento nas nosas parroquias. É dicir, co seu voto eles dan a entender que o saneamento pouco lles importa. O interese real está en que o goberno merme a súa capacidade orzamentaria para o arranxo de estradas que total para eles deben estar en perfecto estado ou o que aínda é peor, que se vexa afectado o Servizo de Axuda no Fogar. Dende logo doutro xeito non se entende o voto negativo, ou lle teñen medo aos seus compañeiros na Deputación ou intentan acorralar dalgunha maneira a este goberno prexudicando aos veciños e veciñas”.

Para a concelleira popular “mal van, porque se algo ten claro este goberno son as deficiencias, a inversión que se necesita e tamén a xestión para que Ribadeo avance. Home, é que non lle colle na cabeza a ninguén reducir o orzamento propio e por riba reducir o orzamento destinado ao SAF e ao arranxo de estradas, tendo a posibilidade de solicitar un convenio extraordinario. Realmente, só lle colle na cabeza ao BNG de Ribadeo, porque noutros Concellos veciños, si firman convenios extraordinarios, que é o normal, si realmente velas polos intereses dos veciños e veciñas, claro”.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...