InicioOrientalRibadeoPleno estraordinario en Ribadeo sobre expropiacións na zona ZEC das Catedrais e...

Pleno estraordinario en Ribadeo sobre expropiacións na zona ZEC das Catedrais e sobre Ciclo da Auga

O alcalde, Dani Vega, contou que “esta tarde noite temos pleno municipal para abordar cuestións de importancia para Ribadeo. O primeiro punto vai ser a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da Área de Reparto D1-AR-1"

Publicada o

- Advertisement -

O pleno extraordinario e urxente que se celebrará esta tarde no Concello de Ribadeo a partir das 20 horas abordará cuestións relativas a urbanismo, ao ciclo da auga e a expropiacións na zona ZEC das Catedrais.

O alcalde, Dani Vega, contou que “esta tarde noite temos pleno municipal para abordar cuestións de importancia para Ribadeo. O primeiro punto vai ser a aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da Área de Reparto D1-AR-11. Estamos a falar en termos urbanísticos, en consecuencia para construír vivenda, concretamente na rúa do Cemiterio”.

O rexedor dixo que “tamén hai que asinar novamente o convenio dentro do marco plurianual 2026-2028 con Acisa. Aproveitamos tamén dende o Concello para felicitar polo traballo que están a facer nestes días de promoción turística, pero tamén no día a día en promoción do comercio. Tamén imos aprobar as expropiacións do programa Life da zona ZEC de As Catedrais: a resolución dos tres recursos de reposición; hai toma de coñecemento da declaración por parte da Xunta da ocupación urxente dos terreos. Foi ó Consello da Xunta, vén esa aprobación agora para esas expropiacións dos terreos do programa Life no ZEC das Catedrais e polo tanto é un paso importante”.

Vega seguiu a relatar: “tamén imos dar conta de todos os recursos no Tacgal sobre o proceso de licitación do ciclo de auga. Son dous e creo que é importante informar, poñer luz, transparencia a certas cuestións de licitacións de importancia para Ribadeo. Estes asuntos e varios de menos importancia van tratarse no pleno hoxe ás oito da tarde no Concello”.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...