InicioOrientalRibadeoO 'Pedro Murías' acollerá os obradoiros de emprego compartidos por Ribadeo e...

O ‘Pedro Murías’ acollerá os obradoiros de emprego compartidos por Ribadeo e Barreiros

O rexedor ribadense sinalou que “desde o Concello e a Xunta de Galicia colaboramos para ter máis oferta educativa, apoiar os oficios, é dicir mocidade, persoas que se atopan sen emprego, que se incorporen ao mercado laboral"

Publicada o

- Advertisement -

A formación dos obradoiros de emprego que comparten os Concellos de Ribadeo e de Barreiros impartirase no CFEA Pedro Murias. Así o deu a coñecer esta mañá o alcalde, Dani Vega.

O rexedor dixo que “desde o Concello e a Xunta de Galicia colaboramos para ter máis oferta educativa, apoiar os oficios, é dicir mocidade, persoas que se atopan sen emprego, que se incorporen ao mercado laboral. Ese é obxectivo. Pedro Murias está traballando nesa liña, é un dos centros educativos que ten oferta educativa, que financia e traballa directamente a Consellería de Medio Rural, pero nosoutros lanzamos unha proposta, unha proposta que foi ben acollida pola dirección de Pedro Murias, agradecemos o traballo conxunto co Concello e tamén á Consellería de Medio Rural.”

Vega explicou que “locais que estaban sen uso, que estaban certamente abandonados, entendíamos que podiámoslles dar unha segunda vida, é dicir, dedicalos á formación, coa colaboración do Concello de Ribadeo e tamén co Concello de Barreiros, porque o obradoiro de emprego Constrúe en Verde é unha proposta conxunta de dous Concellos que queren traballar na formación, que queren mellorar a súa formación dentro da mocidade, de persoas que se encontran sen emprego e incorporalas ao mercado laboral. Ese é obxectivo”.

Para o alcalde ribadense “Pedro Murias é un lugar idóneo. Pasamos de locais que non estaban adaptados á formación, que non eran edificios coa vocación da formación onde estabamos impartindo ata o de agora eses obradoiros de emprego, senón que son pavillóns para toda a actividade deportiva, e era difícil conxugar en horario, espazos, dificultaba moito a súa formación para acoller tanto alumnado”.

O rexedor subliñou que “este é un paso moi importante que en Pedro Murias seguimos dando formación, incrementando a formación, porque evidentemente en Pedro Murias hai formación regrada, tanto de forestal como de agroecoloxía, agricultura e gandería en ecolóxico, e tamén toda a oferta educativa non regrada que está ofertándose constantemente e agora incorporamos os obradoiros de emprego a Pedro Murías, a ese espazo ao que lle vamos dar una segunda vida cun obxectivo moi claro, a formación para unha busca activa de emprego. Agradecemos tanto á dirección de Pedro Murias o traballo conxunto que está facendo co Concello de Ribadeo, tamén neste caso co Concello de Barreiros, e todo o noso agradecemento á Consellería de Medio Rural por financiar 100 % estas obras”.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...