InicioOrientalRibadeoACISA presentou en Fitur 'Ribadeo, o teu próximo destino'

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

Publicada o

- Advertisement -

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer a nosa campaña ante unha delegación de Turespaña, na que puidemos expoñer aos seus responsables as potencialidades e bondades turísticas de Ribadeo. Tanto onte como no día de hoxe estamos a manter reunións de traballo con diferentes entidades, empresas e operadores turísticos e contacto con APHEL Lugo, coa COCAHI, coa Asociación de Comerciantes do Barrio das Letras de Madrid, con conselleiras e conselleiros da Xunta de Galicia e con representantes da Agrupación industrial de Turismo de Galicia”.

Pérez Prada indicou que “estes días o traballo centrouse en coñecer e buscar fórmulas para potenciar a imaxe de Ribadeo como un dos mellores destinos turísticos do mundo para observar, por exemplo, a eclipse solar de agosto. Desde Acisa trasladamos a empresas e operadores turísticos diversos dossieres empresariais de Ribadeo, sobre hoteis, restaurantes… así como lugares desde os que poder seguir esa importante cita. Ademais de traballar en fórmulas sobre posibles campañas ligadas a este importante evento para que os nosos comercios e restaurantes poidan sacar a maior rendibilidade económica posible e que non que quede unicamente na visita de moitas persoas, se non nunha estancia de varios días para coñecer Ribadeo e toda a súa contorna e para gozar e saborear a súa exquisita gastronomía”.

Desde Acisa o xerente engade que “xunto ao Concello estamos a promocionar en Fitur Ribadeo como un destino de experiencias reais, gastronomía de calidade, comercio local, cultura e tradición, así como un destino de natureza que impresiona, con cantís, carreiros, praias únicas e unha ría singular. Poñemos en valor a Ribadeo como un destino con identidade propia e acollida sincera a quen nos visita todo o ano”.

En Fitur atópanse o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que apoiaron coa súa presenza a presentación da campaña turística de Acisa Ribadeo, o teu próximo destino.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...