Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000 euros, financiados na súa maioría pola Xunta de Galicia e con achega do Concello de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “comezan as obras na rúa Reinante e todos somos conscientes de como se atopaba esta rúa nun estado lamentable. Había que actuar e nestes momentos vaise demoler toda a zona central, vai haber ese movemento de terras para aplicar un formigón e un ovo adoquín. Tamén vamos actuar nas pluviais e no abastecemento da auga”.
Para o rexedor “é importante, cando se actúa nunha rúa, deixar todo o que está por baixo en perfectas condicións. De pouco sirve facer formigóns, se abaixo non actúas, porque vas ter un problema. O arranxo da rúa Reinante é completo desde abaixo ata arriba. Tamén vamos actuar nese adoquín, que será novo, así como nas zonas laterais, nesa plaqueta, que vamos arranxar aquelas que están rotas, fixalas ben, tamén vai haber actuacións no equipamento e mellora do alumeado”.
Vega subliñou que “é unha actuación que ten un orzamento de 89.000 euros para mellorar unha rúa que é tremendamente transitada e unha rúa comercial por excelencia. A imaxe non era boa a que estábamos trasladando, era unha imaxe de abandono, de que da igual facer as cosas ben que mal e nosoutros cando chegamos ao goberno, xa planificamos a inversión nestes 2 anos e pouco, actuar en varios puntos, pero evidentemente, aquí hai que xestionar o orzamento, planificar a inversión e todo podería ser moito máis rápido, pero hai que facer as cosas con moito criterio e con moita responsabilidade, tanto orzamentaria como tamén responsabilidade á hora da xestión”.
O alcalde indicou que “esta é unha das primeiras actuacións en rúas que estaban lamentablemente todas moi mal realizadas desde o inicio e as consecuencias víronse e agora tamén teremos que actuar noutras rúas que tamén levan tempo abandonadas,como pode ser o canellón que hai na zona vella, ao que lle chamamos rúa da Paz, tamén estamos a facer certas tramitacións con patrimonio da Xunta”.
Dani Vega engadiu: “actuamos nunha rúa que estaba moi deteriorada e actuamos cun orzamento que nos financia a Xunta de Galicia e tamén aporta en moita menos cantidade o Concello de Ribadeo. Seguimos traballando, seguimos con esta planificación de mellora das nosas rúas e seguimos xestionando orzamento para que Ribadeo siga avanzando”.
