InicioOrientalRibadeoCharlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

As charlas serán impartidas pola enfermeira de Benestar Social, María Roel, quen pon o acento na necesidade dunha boa prevención e educación para a saúde, abordando aspectos como os síntomas da diabetes, os distintos tipos, os coidados diarios, os factores de risco e a importancia do seguimento sanitario.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así a súa aposta pola promoción e prevención da saúde entre a poboación. Esta nova edición estará dedicada á prevención, control e mellora da calidade de vida das persoas que conviven coa diabetes, unha enfermidade moi prevalente e que afecta a unha porcentaxe importante da poboación, especialmente a maiores.

A través destas sesións, ofrecerase información clara e novos coñecementos para axudar á veciñanza a comprender mellor a diabetes e aprender que, con pequenos coidados diarios, é posible manter unha boa saúde e unha boa calidade de vida.

As charlas terán lugar nas escolas das parroquias, nas seguintes datas e horarios: en Vilaselán o 27 de xaneiro ás 18:00 horas; en Ribadeo o día 28 deste mes tamén ás 18:00 horas; en Arante o 3 de febreiro ás 16:30 horas; en Cedofeita o 5 de febreiro ás 16:15 horas; e en Cinxe será o 9 de febreiro ás 16:15 horas.

Dende a Área de Benestar Social, Saúde e Familia, a concelleira Elena Sierra destaca a importancia deste tipo de iniciativas e anima á cidadanía a asistir: “Seguir apostando pola prevención e pola información é fundamental para coidarnos entre todos e mellorar a nosa calidade de vida”.

As charlas serán impartidas pola enfermeira de Benestar Social, María Roel, quen pon o acento na necesidade dunha boa prevención e educación para a saúde, abordando aspectos como os síntomas da diabetes, os distintos tipos, os coidados diarios, os factores de risco e a importancia do seguimento sanitario.

Sierra subliña a relevancia destas accións para a poboación maior, afirmando que “coidar da saúde das persoas maiores e ofrecer ferramentas para uns coidados de calidade é unha prioridade para este Concello”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...