A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, informou ese mércores en Ribadeo da licitación por preto de 2,3 millóns de euros das obras de rehabilitación de tres inmobles.
Segundo informou a Xunta, trátase de conseguir seis vivendas de promoción pública no centro histórico, que irán destinadas a aluguer accesible e con preferencia a menores de 36 anos, inscritos no rexistro de demandantes de vivenda no municipio.
Desta forma, prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas finaliza o próximo 19 de febreiro.
As actuacións enmárcanse no programa Rexurbe, a través do cal adquiriron en 2022 tres inmobles situados na rúa Bispo Veres números 2 e 4 e na rúa Trinidade número 32, cun investimento próximo aos 150.000 euros.
Segundo indicou a conselleira, trátase de edificios que forman parte do patrimonio construído e da historia de Ribadeo, pero que na actualidade están deteriorados.
Este seis vivendas de promoción pública terán a cualificación pública de carácter permanente e serán adxudicadas en réxime de aluguer a inscritos no rexistro de demandantes deste concello, coa peculiaridade de que terán preferencia nesta adxudicación os menores de 36 anos.
O catro vivendas que se rehabilitarán nos inmobles da rúa Bispo Veres 2 e 4 estarán situadas nun edificio con protección patrimonial integral, xa que un deles formaba parte da antiga muralla medieval da cidade, datada no século XIII.
As obras executaranse con especial coidado na conservación de elementos funcionais e decorativos, como recercados e tornalluvias, na reprodución da cuberta orixinal e no uso de lousa do país para o tellado, criterios que tamén se aplicarán ao inmoble da rúa Trinidade número 32.
