InicioOrientalRibadeoEvaristo Lombardero: “A Plataforma en Defensa das Árbores-Ribadeo naceu logo da corta...

Evaristo Lombardero: “A Plataforma en Defensa das Árbores-Ribadeo naceu logo da corta desproporcionada diante o CEIP Gregorio Sanz”

Grupo Plataforma En Defensa E Protección Das Árbores-Ribadeo naceu a partir da corta de árbores, moitos ornamentais, en zonas de Ribadeo e que algúns veciños consideraron innecesarias

Publicada o

- Advertisement -

-Como se formou Grupo Plataforma En Defensa E Protección Das Árbores-Ribadeo?

Primeiramente eu non son o representante e o grupo non ten unha estrutura definida. A idea naceu logo da corta desproporcionada das árbores diante do CEIP Gregorio Sanz, tamén pola poda esaxerada doutras árbores. Diante deste feito, mesmo a ANPA protestara. Despois houbo xuntanzas entre persoas onde se comentaron este tema e outros máis como o de tirar unhas árbores xunto ás vivendas sociais, algo que se denunciou mais non se fixo nada.

-Que sucedeu no Gregorio Sanz?

Construíron un valado enorme que consideramos unha obra innecesaria, mesmo desproporcionada e grande de máis para un centro educativo.

-Á parte destas accións, hai algunha outra que non compartan nos planos urbanísticos de Ribadeo?

Agora mesmo existe o risco da posible eliminación dunha zona verde xunto ao parque municipal. O proxecto parece ser que consiste na creación dunha praza máis ampla e para iso tamén pensaron na tala de árbores arredor. Tamén está a corta de árbores grandes arredor do instituto e a corta de palmeiras sen aviso por parte do Concello, chaman unha empresa máis non din nada do que van facer.

-Este tipo de intervencións son frecuentes?

Houbo tamén unha corta de loureiros e de arbustos xunto ao paseo marítimo, mais descoñecemos os motivos. En tal caso, desde o goberno local dixeron que de momento non hai proxectos cando hai declaracións que falan sobre reformas. Xunto ao Cargadeiro había un valado verde de seto, ou polo menos plantas, que foi substituído por un peche de madeira e que pode ser perigoso pois os nenos poden subir por el e saltar á estrada. Ademais, o seto tamén protexía do vento.

-Por outra parte, teñen achegado máis incidencias ao Concello sobre elementos urbanísticos?

Si, sobre o centro de saúde da vila. É un edificio grande con moito servizos, aínda así, o actual alcalde, cando estaba na oposición propuxo crear un novo centro de saúde a 1 km do actual, xunto a unha estación de servizo e onde hai unha curva con tráfico intenso a determinadas horas. De momento non sabemos máis, aínda que nun pleno en 2024 o alcalde deu unhas explicación moi xenéricas sobre o centro de saúde.

-Se a distancia é dun quilómetro, consideran que é un cambio importante?

A maioría de xente que acode ao actual centro de saúde son maiores de 65 años e o lugar onde está faino accesible a persoas con dificultades de mobilidade, ademais, é un edificio céntrico. Por outra parte, debemos ter en conta que os tempos de demora nas citas médicas son de 23 a 24 días porque, agora mesmo, só hai dous médicos de catro prazas. O cambio de lugar sería prexudicial para moita xente.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...