InicioOrientalRibadeoRibadeo acollerá o Campionato Galego de Cross 2025-26 o 17 de xaneiro

Ribadeo acollerá o Campionato Galego de Cross 2025-26 o 17 de xaneiro

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou que “empezamos o ano albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá o vindeiro 17 de xaneiro o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 11:00 horas no Campamento Xuvenil da Devesa.

A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou que “empezamos o ano albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. Os pasados 29 de novembro e 13 de decembro xa acollemos probas e campionatos clasificatorios na Devesa e agora temos unha nova cita o vindeiro 17 de xaneiro a partir das once da mañá”.

O edil dixo: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo, polo que supoñen para o deporte, para a promoción turística do noso concello e para a súa hostalería”.

Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez, a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás, e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...