O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, asinaron esta O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, asinaron esta mañá o convenio de colaboración que dará luz verde á construción do novo centro de saúde do municipio. O proxecto contará cun investimento de máis de cinco millóns de euros por parte do Executivo galego e permitirá dar un salto de calidade na asistencia sanitaria da localidade.
Para facer realidade esta infraestrutura, o Concello de Ribadeo cederá ao Sergas unha parcela de máis de 4.500 metros cadrados. O novo edificio terá unha superficie total de 2.500 metros cadrados, o que supón un incremento considerable fronte aos 1.987 metros cadrados do centro actual. Grazas a este aumento de espazo, as instalacións contarán con cinco consultas para adultos, unha para o programa da muller, unha de hixienista dental e un despacho de coordinación.
Ademais, o novo centro de saúde reforzará os espazos do PAC con novas áreas de observación e reanimación e ofrecerá unha atención máis integral ao dispoñer de áreas específicas de pediatría, fisioterapia, odontoloxía, radioloxía, traballo social e docencia. Segundo o cronograma avanzado polo conselleiro, a licitación da redacción do proxecto construtivo realizarase no primeiro semestre de 2026, mentres que a licitación para a execución das obras está prevista para a primeira metade de 2027.
