InicioCentralBurelaRibadeo e Acusa animan a participar e colaborar coa Cabalgata de Reis

Ribadeo e Acusa animan a participar e colaborar coa Cabalgata de Reis

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, lembrou que “desde Acisa estamos a colaborar co Concello de Ribadeo nesta cita cunha achega de mil euros por parte da nosa asociación e recollendo aqueles donativos que a título voluntario as empresas queiran aportar, xa sexan asociadas ou non"

Publicada o

- Advertisement -


A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, sinalou que “este ano o Concello é o encargado de organizar a Cabalgata de Reis e desde Oriente chegaron algunhas peticións das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Como todos sabemos na tarde noite de cada 5 de xaneiro no seu paseo polas rúas de Ribadeo son acompañados por persoas, que voluntariamente axudan coas antorchas ou con outras tarefas propias dos paxes. E nesta ocasión o que nos piden son persoas adultas para converterse en paxes por unhas horas. Así que desde o Concello facemos un chamamento e animamos a veciños e veciñas a implicarse nunha das celebracións máis especiais do ano, como é a Cabalgata de Reis”.


A edil ribadense agradece “a colaboración de todas as persoas voluntarias que están a traballar con nós nas últimas semanas coa maior das ilusións. Con moitos pequenos graniños de area este ano Melchor, Gaspar e Baltasar lucirán dun xeito especial”.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, lembrou que “desde Acisa estamos a colaborar co Concello de Ribadeo nesta cita cunha achega de mil euros por parte da nosa asociación e recollendo aqueles donativos que a título voluntario as empresas queiran aportar, xa sexan asociadas ou non. O obxectivo é sufragar parte dos gastos que suporá a chegada dos Reis Magos de Oriente a esta vila”.

E lembrou que “establecemos un donativo voluntario que oscila entre o 30 e os 100 euros para todas as firmas que queiran colaborar e outro de 200 a 500 euros para aquelas empresas que queiran ser patrocinadoras da Cabalgata de Reis. O prazo para confirmar estas achegas está aberto ata o 15 de decembro en Acisa”. E engadiu: “aqueles negocios que queiran aportar caramelos para a comitiva tamén pode facelo. As Súas Maxestades estarán encantadas de repartilos no seu percorrido polas rúas de Ribadeo”.


Concello e Acisa animan “a colaborar coa Cabalgata de Reis. Estamos a falar do día máis importante do ano para todas as nenas e os nenos de Ribadeo, e tamén para o noso comercio”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...