Ribadeo acollerá o vindeiro 13 de decembro o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 10:30 horas no Campamento Xuvenil da Devesa.
A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “seguimos albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. O pasado 29 de novembro xa tivemos unha proba clasificatoria na Devesa e agora celebrarase o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26 o vindeiro 13 de decembro nas mesmas instalacións”. O edil dixo: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo”.
Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez, a presidenta do Club Atletismo Ribadeo, Ana Ferradás, e Rubén García, secretario de A.D.E. A Mariña.
