InicioOrientalRibadeoBeone será o patrocinador da Festa do Comercio e da Gala de...

Beone será o patrocinador da Festa do Comercio e da Gala de ACISA Ribadeo

Acisa Ribadeo en colaboración co empresario Antonio Recalde, organiza este sábado, 29 de novembro, ás 10:00 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo unha conferencia titulada Que é a intelixencia artificial e como está a cambiar ou mundo

Publicada o

- Advertisement -

A empresa BeOne, concesionaria da piscina municipal de Ribadeo, renova o seu compromiso con Acisa e convértese no patrocinador principal da Festa do Comercio e da Gala da asociación.

Acisa e BeOne así o plasmaron no convenio de colaboración asinado por Roberto Ramos, CEO de BeOne, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. No acto, que tivo lugar nas instalacións de Acisa, estivo tamén presente o xerente, Jesús Pérez.

Ramos sinalou que “desde BeOne colaboramos coas entidades locais daqueles municipios nos que estamos presentes. En Ribadeo levamos anos xestionando a piscina municipal, apostando e investindo na mellora das nosas instalacións. Desde Acisa presentáronnos fai un par de anos unha proposta de patrocinio, aceptámola, estivemos presentes nas Festas do Comercio e nas Galas de Acisa e agora renovamos o noso compromiso para o ano 2026, porque queremos seguir estando á beira do tecido empresarial de Ribadeo e da asociación que o representa”.

O CEO de BeOne dixo que “as alianzas son cada vez máis importantes e esperamos que co noso apoio Acisa siga organizando campañas e actividades que redunden na dinamización económica de Ribadeo”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, tivo palabras de agradecemento para Roberto Ramos e para BeOne: “queremos agradecerlle a Roberto Ramos especialmente e a BeOne, que vaian colaborar connosco no 2026. Fixérono no 2024 e no 2025 e renovamos agora ese compromiso para o próximo ano. Sabemos da querenza de Roberto Ramos por Ribadeo e por Acisa e dámoslle as grazas por acompañarnos por terceiro ano nesta andaina”.

Cruzado explicou que “as asociacións, como Acisa, nutrímonos das cotas das nosas socias e socios, e de subvencións de diferentes administracións como Xunta, Concello e Deputación. Acisa é un colectivo moi activo que organiza máis de medio centenar de actividades ao longo do ano, ademais de dotar de materiais gratuítos aos seus asociados. Por este motivo sempre precisamos de máis partidas económicas. Esta directiva decidiu no seu día chamar ás portas da iniciativa privada e varias foron as empresas que se sumaron ás nosas campañas. A todas elas aproveitamos a ocasión para agradecerlles o seu apoio e a súa confianza”.

E engadiu: “parécenos moi importante e positivo que as empresas se decidan a colaborar economicamente connosco patrocinándonos, isto quere dicir que as actividades que realizamos desde Acisa resultan atractivas para o conxunto da cidadanía e do colectivo empresarial”.

Charla sobre IA este sábado

Acisa Ribadeo en colaboración co empresario Antonio Recalde, organiza este sábado, 29 de novembro, ás 10:00 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo unha conferencia titulada Que é a intelixencia artificial e como está a cambiar ou mundo, un evento especialmente orientado a empresas, autónomos e profesionais que buscan comprender e aproveitar as novas oportunidades que ofrece a intelixencia artificial (IA). A sesión conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e o patrocinio de Caixa Rural.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, conta que “esta actividade enmárcase no compromiso de Acisa por impulsar a modernización, dixitalización e competitividade do tecido empresarial local, así como na aposta continua pola formación a empresarios e profesionais de todos os sectores e por ofrecer ferramentas útiles que faciliten a adaptación do tecido económico aos novos retos tecnolóxicos”.

O relatorio será impartida por Lara Andrea Neira González, cofundadora e CEO de NIGAL, doutora en Intelixencia Artificial pola Universidade de Edimburgo e cunha ampla traxectoria profesional desenvolvendo proxectos avanzados de Machine Learning, Big Data e analítica aplicada en sectores como industria, banca, telecomunicacións e enerxía. Neira é recoñecida pola súa capacidade de trasladar conceptos complexos de maneira práctica e útil para empresas de calquera tamaño.

Pérez Prada explica que “durante a charla Lara Neira abordará cuestións crave para entender o impacto real da IA no presente e futuro dos negocios: Que é realmente a intelixencia artificial? Como pode axudarnos no día a día empresarial? Casos de uso prácticos e aplicacións reais. Mitos, realidades e cara a onde evoluciona esta tecnoloxía. A asistencia é gratuíta e aberta todo o público”.

O xerente do colectivo empresarial ribadense engade: “este tipo de eventos permiten achegar ás empresas locais coñecementos estratéxicos que xa están a transformar os mercados e os modelos de negocio a nivel global, por iso parécenos moi interesante impartir por primeira vez unha conferencia deste tipo en Ribadeo. Agradecemos a Antonio Recalde e a Lara Neira que nos briden esta oportunidade e achéguennos á intelixencia artificial de forma sinxela para que todos podamos saber como aproveitala e sacarlle o mellor rendemento posible”.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...