InicioOrientalRibadeoA EMMeD de Ribadeo presenta 'A Bailarina do Mar' no auditorio municipal

A EMMeD de Ribadeo presenta ‘A Bailarina do Mar’ no auditorio municipal

Publicada o

- Advertisement -

A EMMeD DE RIBADEO REPRESENTARÁ A BAILARINA DO MAR MAÑÁ, 28 DE NOVEMBRO, NO AUDITORIO MUNICIPAL.

Ribadeo, 27 de novembro de 2025. Alumnado das especialidades de danza clásica e contemporánea da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo representará A Bailarina do Mar para alumnado de educación primaria dos centros educativos da vila.

En total serán preto de 500 persoas as que se achegarán este venres, 28 de novembro, ao Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo en sesión dobre: ás 10 e ás 11:30 horas.

Segundo explica o responsable do centro, Hugo García, “esta actividade achegará un pouco máis a danza ao público asistente, dándolles a oportunidade de ver unha función propiamente desta especialidade. Este tipo de espectáculos non son moi habituais na comarca, polo que consideramos que é unha boa iniciativa para continuar co seu crecemento”.

E engade: “é un pracer ofertar este tipo de actividades aos centros educativos, como complemento á súa formación”.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...