InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia as obras de peche perimetral do Gregorio Sanz

Ribadeo inicia as obras de peche perimetral do Gregorio Sanz

O alcalde, Dani Vega, recalcou que “é un peche perimetral innovador, único en Galicia un proxecto piloto que se establece en Ribadeo e que a Consellería aprobou e agora se vai facer seguramente que en mais colexios"

Publicada o

- Advertisement -

En Ribadeo deron comezo as obras do peche perimetral do colexio Gregorio Sanz nas que a Xunta inviste 326.000 euros. O alcalde, Dani Vega, subliña que se trata dun proxecto único en Galicia.

O rexedor confirmou que “deron comezo as obras do peche perimetral do Gregorio Sanz, unha obra que ten unha inversión por parte da Xunta de 326.000 euros. É unha obra fundamental, prioritaria, dado que o peche perimetral estaba todo destrozado, caía por todas as esquinas e, dende logo, había que tomar unha decisión. Todos somos conscientes do gran traballo que fixo a dirección do centro, o gran traballo que fixo a Ampa, teño que recordar tamén á Ampa anterior e á dirección anterior do Gregorio Sanz, porque grazas a elas, grazas tamén a ese traballo conxunto e organizado, as inversións no colexio do Gregorio Sanz son moitas”.

Vega dixo que “evidentemente, a obra máis importante foi toda a remodelación do edificio central, pero tamén este peche perimetral e máis cousas que van dar comezo en moi breve tempo. Creo que esta inversión era moi importante para ter este problema solucionado, non ter problemas con caídas no muro, en puntos xa tivemos que poñer e dotar de seguridade, e desde logo hai que destacar que este peche perimetral é único en Galicia. Por qué? Porque está feito con cilindros de plástico reciclado, é un peche perimetral innovador, que quere convivir co medio ambiente, que se reutiliza o material de plástico que é eliminado, que é apartado e ten unha segunda vida”.

O alcalde recalcou que “é un peche perimetral innovador, único en Galicia un proxecto piloto que se establece en Ribadeo e que a Consellería aprobou e agora se vai facer seguramente que en mais colexios. Ribadeo innova, Ribadeo propón á Consellería e a Consellería acepta esta proposta que creo que é moi acertada. Son 326.000 euros de inversión nun novo peche perimetral. Seguimos investindo no colexio, seguimos investindo no futuro de todo Ribadeo para que avance”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...