Rematou o obradoiro Tecendo Igualdade, Rachando Violencias, unha actividade chea de emoción, creatividade e sororidade. Desde a Área de Igualdade do Concello “queremos agradecer de corazón a todas as mulleres participantes por formar parte deste proxecto tan especial, e a Lourdes, a súa profesora, pola súa entrega, paciencia e agarimo”.
A concelleira, Begoña Sanjurjo, contou que “durante estas semanas tecéronse moito máis que fíos: teceuse unha rede de apoio, amizade e forza compartida, un espazo seguro onde cada muller atopou voz, compañía e inspiración”.
A edil de Igualdade subliñou que “o resultado deste camiño son uns paraugas únicos e cheos de significado, que as participantes decoraron e transformaron coas súas mans, creando unha obra colectiva que visualiza e denuncia a violencia de xénero de forma creativa e impactante. Grazas por demostrar que, cando as mulleres se xuntan e crean xuntas, tecemos igualdade e rachamos violencias”.
