InicioOrientalRibadeoArranxo en Ribadeo dunha estrada cunha achega da Xunta por valor de...

Arranxo en Ribadeo dunha estrada cunha achega da Xunta por valor de 50.000 euros

O alcalde, Dani Vega, indicou que “seguimos xestionando moito orzamento para mellorar as nosas infraestruturas, as nosas vías de comunicación. Actuamos en Remourelle, nunha estrada que estaba totalmente destrozada, que daba servizo a varias ganderías"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo inviste 50.000 euros no arranxo dunha estrada en Remourelle, que da servizo a varias ganderías, grazas a unha nova achega da Xunta de Galicia.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “seguimos xestionando moito orzamento para mellorar as nosas infraestruturas, as nosas vías de comunicación. Actuamos en Remourelle, nunha estrada que estaba totalmente destrozada, que daba servizo a varias ganderías. Investimos máis de 50.000 euros por parte da Xunta de Galicia. Nesta planificación, porque non é fácil chegar a todos os puntos tan rápido como queremos, pero o que si debe existir é unha planificación de inversión, que temos nun total de 1,4 millóns de euros e agora estamos actuando en Remourelle”.

O rexedor dixo que “pouco a pouco vamos ir actuando en varios sitios, en varios parroquias, en varias zonas, onde levaban moitos anos as estradas destrozadas. Seguimos nesa xestión permanente e continua de orzamento para mellorar as nosas infraestruturas e así Ribadeo avanza”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...