InicioOccidentalViveiroFinaliza a primera fase de melloras no campo viveirense 'Marcos Gómez'

Finaliza a primera fase de melloras no campo viveirense ‘Marcos Gómez’

A actuación, incluída no convenio do Concello de Viveiro coa Deputación de Lugo, contou cun investimento de arredor de 15.000 euros e permitirá mellorar a eficiencia e seguridade das instalacións deportivas

Publicada o

- Advertisement -

As obras correspondentes á primeira fase da mellora da instalación de fontanaría dos vestiarios do campo de fútbol Marcos Gómez foron entregadas hoxe. Trátase dunha actuación incluída no convenio de cooperación do Concello de Viveiro coa Deputación de Lugo para o financiamento de investimentos en materia de deporte, turismo e servizos públicos.

A intervención supuxo un investimento de arredor de 15.000 euros, destinados á substitución das tubaxes e mellora do sistema de subministración de auga quente nos vestiarios, lavabos e servizos do complexo deportivo. A actuación permitirá mellorar a eficiencia enerxética e garantir a seguridade e funcionalidade das instalacións, moi deterioradas polo paso do tempo e pola corrosión derivada do ambiente marítimo.

A alcaldesa Mariña Gueimunde explicou que «esta é unha obra necesaria e moi esperada polos clubs e usuarios do campo, que levaban tempo reclamando unha solución definitiva». A rexedora destacou tamén o apoio da Deputación de Lugo, «á que agradecemos a súa colaboración coa mellora das nosas instalacións deportivas».

Gueimunde sinalou que o Concello está á espera dunha reunión coa Vicepresidencia da Deputación para seguir avanzando na segunda fase do proxecto e completar a renovación integral das instalacións.

O campo de fútbol Marcos Gómez, coñecido tamén como Campo do Cembedo, é unha infraestrutura municipal de referencia na cidade, utilizada por clubs e asociacións deportivas de fútbol e piragüismo. A mellora da súa rede de fontanaría forma parte do compromiso do Concello de Viveiro coa posta a punto e modernización das instalacións deportivas municipais.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...