InicioOrientalRibadeoRibadeo prepara as luces ornamentais de Nadal

Ribadeo prepara as luces ornamentais de Nadal

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo vístese de Nadal coa instalación do alumeado ornamental destas datas. A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “onte deu comezo a instalación en Ribadeo das luces de Nadal con antelación suficiente á súa inauguración para facelo con calma e sen atropelos de última hora”.

A edil ribadense sinala que “queremos telo alumeado listo para inauguralo coincidindo coa celebración do XX Mercado do Nadal, que terá lugar do 28 de novembro ao 8 de decembro na contorna da Praza de Abastos de Ribadeo, en horario de 11 a 14:30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes”.

Saiz engade: “o traballo segue pasiño a pasiño e nuns días presentaremos a programación deseñada para o vindeiro Nadal, con actividades para todos os públicos, pícaros e adultos. Agardamos que todo no seu conxunto contribúa a unha importante dinamización comercial e hostaleira de Ribadeo durante este último treito do ano”.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...