InicioOrientalRibadeoCharla de ACISA Ribadeo sobre novidades normativas para autónomos en 2026

Charla de ACISA Ribadeo sobre novidades normativas para autónomos en 2026

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comenta que “queremos que os nosos socios e socias e o resto de empresas de Ribadeo dispoñan das ferramentas necesarias para adaptarse a tempo ás novas obrigacións legais"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) organiza o próximo 12 de novembro ás 20:15 horas unha charla formativa dirixida a empresas e autónomos sobre as novidades normativas que afectarán a empresas e autónomos en 2026. A cita terá lugar na aula da Casa da Cultura de Ribadeo (Rúa Viejo Pancho, 12).

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comenta que “queremos que os nosos socios e socias e o resto de empresas de Ribadeo dispoñan das ferramentas necesarias para adaptarse a tempo ás novas obrigacións legais. Esta charla do 12 de novembro será unha oportunidade para resolver dúbidas e coñecer de primeira man as implicacións das novas normativas. Con ela respondemos a unha necesidade clara que desde Acisa Ribadeo cremos que temos, que é a formación continua e o asesoramento ás nosas empresas nas materias que lles afectan de forma directa”.

Cruzado Iglesias lembra que “esta é unha actividade formativa importante, que se suma ás xa celebradas os pasados meses de setembro e outubro, nos que foron impartidos cursos de escaparatismo e empaquetado destinados ás empresas asociadas a Acisa. Así como ao novo curso de inglés que ofrecemos, por segundo ano consecutivo, xunto á Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo destinado ao persoal de hostalería, comercio e restauración. Leste deu comezo en setembro e prolongarase ata maio. En Acisa facemos unha forte aposta pola formación para adaptarnos ás necesidades do tecido empresarial ribadense”.

Segundo explica o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “baixo o título Novidades normativas 2026: como afectarán o teu negocio a sesión abordará os principais cambios legais que entrarán en vigor nos próximos meses e que impactarán directamente na xestión dos negocios locais. Os tres principais bloques a tratar son: factura electrónica obrigatoria; pagos e cobranzas mediante Bizum; e rexistro da xornada laboral. A asistencia é gratuíta e está aberta a todas as persoas interesadas, aínda que se recomenda confirmar participación previamente contactando coa asociación neste correo electrónico info@acisaribadeo.es”.

E engade: “con esta iniciativa buscamos anticiparnos e preparar ao tecido empresarial ribadense para os cambios normativos de 2026, ofrecendo información práctica e actualizada para facilitar a súa adaptación”.

Chárlaa Novidades normativas 2026: como afectarán o teu negocio está organizada por Acisa Ribadeo, coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia, e será impartida pola consultora A Mariña Asesores (firma asociada), con gran experiencia no sector.

E n a presentación participaron Beatriz Irigoyen, de Mariña Asesores, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

Bonos Activa Comercio

Desde a directiva de Acisa Ribadeo sinalan que “mañá comeza unha nova edición da campaña dos bonos comercio da Xunta de Galicia e desde Acisa queremos lembrarlle a veciños e visitantes que moitos dos nosos comercios están adheridos a esta importante campaña. E por iso queremos animar a toda a cidadanía a aproveitar os próximos días, para facer as súas compras no comercio de Ribadeo, onde non só poderán gozar dos descontos do bono comercio, se non que poderán engadirlle as panchas, o que se traduce sen dúbida nunha oportunidade moi importante para facer as compras cuns prezos excepcionais”.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...