InicioOrientalRibadeoRibadeo inviste 50.000 euros na mellora dunha estrada en Vilaframil

Ribadeo inviste 50.000 euros na mellora dunha estrada en Vilaframil

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento para mellorar as nosas vías de comunicación."

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo investiu 50.000 euros, procedentes da Xunta, na mellora dunha estrada na Siñeira, en Vilaframil.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento para mellorar as nosas vías de comunicación. Neste caso, actuamos en Vilaframil, no barrio da Siñeira. Estamos mellorando toda esta infraestrutura. Hai unha limpeza previa, despois obras de fábrica, firmado de pavimento, nova sinalización e hai que destacar que estamos incrementando os anchos. Pasamos de 3,80 a 4,20 metros e nesta estrada hai puntos que teñen 5,10”.

O rexedor considera que “é unha mellora significativa, 100 % financiada pola Xunta, preto de 50.000 euros, que ten unha lonxitude de 400 metros e seguimos xestionando orzamento para mellorar todas as vías de comunicación. Hai que recordar que este ano vanse investir 1,4 millóns de euros no total das nosas infraestruturas”.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...