InicioOrientalRibadeoO 5 de novembro comezarán as charlas sobre saúde en Ribadeo

O 5 de novembro comezarán as charlas sobre saúde en Ribadeo

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explicou que “o programa Preto de Ti retoma as súas actividades formativas sobre hábitos saudables e coidados persoais"

Publicada o

- Advertisement -

As charlas sobre saúde volven ao programa Preto de Ti co lema Aprende e mellora a túa saúde. A primeira, que versará sobre a prevención de accidentes domésticos terá lugar o 5 de novembro en Ribadeo ás seis da tarde, o día 6 en Cedofeita ás catro da tarde, o 10 en Cinxe ás catro da tarde e o día 11 en Vilaselán ás seis da tarde.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explicou que “o programa Preto de Ti retoma as súas actividades formativas sobre hábitos saudables e coidados persoais, nesta ocasión baixo o lema Aprende e mellora a túa saúde, xa que a través do coñecemento podemos facer cambios positivos para estar máis saudables e reflexionar sobre os estilos de vida”.

A enfermeira María Roel, do departamento de Benestar Social, Saúde e Familia, será a encargada de impartir unha nova serie de charlas centradas na prevención de accidentes domésticos, o coidado do fogar e os primeiros auxilios básicos. Durante as sesións, explicarase como actuar ante situacións comúns no fogar, como queimaduras, atragantamentos, caídas ou intoxicacións por mesturar produtos de limpeza.

Sierra anima a toda a veciñanza a participar nestas actividades, que teñen como obxectivo promover o coidado persoal e o benestar dentro do fogar: “o benestar comeza por coidarse un mesmo, ter unha boa calidade de vida na propia casa é fundamental. O principal obxectivo destas charlas é a promoción da saúde e proporcionar á poboación ferramentas que lles permitan mellorar o seu benestar e coidar da súa saúde de forma activa e responsable no seu día a día”.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...