InicioOrientalRibadeoO delegado do Goberno visitou Ribadeo onde lle pediron un segundo acceso...

O delegado do Goberno visitou Ribadeo onde lle pediron un segundo acceso á A-8

O alcalde, Dani Vega engadiu: “Ribadeo, eu sempre o digo, é ese espazo, ese clima entre administracións que sabemos que é importante investir e os responsables das distintas administracións xestionar o máximo posible para os nosos Concellos”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo agradece a visita realizada hoxe polo delegado do Goberno, Pedro Blanco, ao que o alcalde, Dani Vega, lle reclamou un segundo acceso desde a A-8 e outro directo á variante pola estrada de Vilela.

O rexedor declaru: “valoramos a visita do delegado do Goberno a Ribadeo de forma positiva. Cremos que todas as inversións que se están facendo e concretando por parte do Estado en Ribadeo teñen un obxectivo claro, é que siga Ribadeo avanzando. E dende logo, eu agradézolle ao delegado do Goberno e tamén á subdelegada que acudiran a Ribadeo no dia de hoxe para explicar e informar sobre todas as inversións que estamos tendo dentro desa colaboración entre o goberno do Estado, a Xunta e tamén o Concello. Esa é a forma, a colaboración permanente entre as administracións, en definitiva, que beneficie directamente a cada veciño de Ribadeo, e non entrar en polémicas que creemos que son absurdas. Hai que entender que as administracións están para investir e os políticos, os responsables que estamos a cargo delas, estamos para xestionar o máximo posible”.

Vega subliñou que “grazas a esta colaboración entre Estado, Xunta e Concello temos un traballo moi importante na Vilavella, con esa conservación de todo o espazo e tamén co incremento do paseo 1,5 quilómetros máis de vía, de senda verde, de espazo natural, de conservación, en definitiva da ría, que é o que nos importa. Unha ría que debemos conservar e tamén e mellorar as súas contornas, como pode ser o miradoiro doas Carrallas, que estaba certamente abandonado, tiña un uso inapropiado, aparcaban vehículos, aparcaban caravanas. E agora hai un miradoiro moderno, actualizado e desde logo un espazo que convive perfectamente co entorno. É un miradoiro onde se pode contemplar a ría, é un espazo que pensa no medio ambiente”.

Para o alcalde de Ribadeo “a visita do delegado é moi acertada. Nosoutros trasladámoslle tamén que temos problemáticas que deben solucionar e debemos solucionar, como pode ser o arranxo da estrada dende a Ribadeo a Vegadeo, tomou nota. Tamén investir nese segundo acceso da A-8 a Ribadeo e tamén un acceso directo á variante vindo da estrada de Vilela, unha vía que é da Deputación, un acceso directo. Creo que iso é importante que tomen nota, que é realmente necesario para Ribadeo e dentro desta colaboración que estamos tendo creo que hai que seguir nesta liña, a da colaboración entre administracións, obras que están financiando tanto Xunta de Galicia como o Estado, que veña o delegado inauguralas certamente tamén é positivo”.

Dani Vega engadiu: “Ribadeo, eu sempre o digo, é ese espazo, ese clima entre administracións que sabemos que é importante investir e os responsables das distintas administracións xestionar o máximo posible para os nosos Concellos”.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...