InicioOrientalRibadeoA EMMED de Ribadeo inicia o curso sendo o centro con máis...

A EMMED de Ribadeo inicia o curso sendo o centro con máis matrículas da Mar

O responsable da EMMeD, Hugo García Presno, destaca que “o éxito da Escola está na combinación de teoría e práctica, no compromiso do profesorado e nun proxecto educativo que vai máis alá da aula: queremos que o alumnado poida subir ao escenario, participar en actividades e formar parte activa da vida cultural de Ribadeo”

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo xa puxo en marcha o curso 2025/2026, mantendo unha alta cifra de alumnado moi similar ao do curso pasado e consolidándose como o centro con máis matrículas da Mariña e do Occidente de Asturias.

Este ano serán 13 os profesores e profesoras que impartan clases nas diferentes disciplinas musicais e de danza que ofrece a Escola, garantindo unha formación especializada e personalizada para cada estudante.

O responsable da EMMeD, Hugo García Presno, destaca que “o éxito da Escola está na combinación de teoría e práctica, no compromiso do profesorado e nun proxecto educativo que vai máis alá da aula: queremos que o alumnado poida subir ao escenario, participar en actividades e formar parte activa da vida cultural de Ribadeo”.

Ademais, ao longo do curso, a Escola volverá participar en eventos e colaboracións coa comunidade local, mostrando o talento e o traballo do seu alumnado. “Queremos que a música e a danza cheguen a toda a vila e sigan sendo unha ferramenta para educar en valores como poden ser a igualdade, a colaboración, o respecto ou a creatividade, entre outros”, engade García Presno.

Dende a EMMeD tamén se agradece o apoio do Concello de Ribadeo e o compromiso do equipo docente: “sen eles, este proxecto non sería posible. É un traballo colectivo que se nota nos resultados e na confianza da veciñanza”.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...