InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia a súa axenda cultural esta fin de semana con música...

Ribadeo inicia a súa axenda cultural esta fin de semana con música e teatro

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o sábado 4 está dedicado á música, con dúas actividades. Ás oito da tarde na igrexa do convento de Santa Clara o Coro da Escola de Música de Foz traeranos a escena un concerto con tres artes"

Publicada o

- Advertisement -

A axenda cultural do outono arrinca en Ribadeo esta fin de semana con música e teatro. Xa hoxe venres hai tamén actividades nos coles.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “a axenda cultural en Ribadeo do outono comeza esta semana. O día 3 teremos unha actividade para os coles. Na biblioteca, dentro das actividades de Ler conta Moito e dentro tamén do ano Castelao, faremos que o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria coñeza a este gran escritor”.

A edil ribadense contou que “o sábado 4 está dedicado á música, con dúas actividades. Ás oito da tarde na igrexa do convento de Santa Clara o Coro da Escola de Música de Foz traeranos a escena un concerto con tres artes. Esperámosvos a todos alí ás oito. Despois ás dez No Limit poñerá a música dos Concertos no Camiño na rúa San Francisco”.

Sanjurjo engadiu que “o domingo estará dedicado ao teatro. Ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval Avelino González porá en escena Apaga o Candil. Como sempre, esperámosvos a todos nos espazos culturais”.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...