InicioOrientalRibadeoMelloras no Parque dos Indianos en Ribadeo co financiamento da Xunta

Melloras no Parque dos Indianos en Ribadeo co financiamento da Xunta

Para o alcalde, Dani Vega “trátase dunha mellora moi importante, 100 % financiada pola Xunta. Pero non nos vamos quedar aquí

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, explicou que “comezan as obras no Parque de Indianos. Xestionamos unha nova inversión ante a Xunta de Galicia do 100 % do financiamento. Cal é o obxectivo? Mellorar toda esta zona, que estaba certamente abandonada. Qué imos a facer? Converter o calexón que estaba de terra nunha nova rúa, cun pavimento de formigón e beirarrúas de pedra. Eu creo que isto é unha mellora xa moi importante”.

O rexedor contou que “imos rehabilitar todas as baldosas de pizarra das mesmas características, que estaban destrozadas no Parque de Indianos e agora vanse mellorar. Tamén vamos facer unha escavación. Con iso vamos retirar toda a tubaxe que está rota, vamos colocar outra de pvc e iso é para canalizar todas as augas pluviais. E tamén retirada das pérgolas, colocación de novas pérgolas e a partir desde aí tamén mellorar todo o entorno da zona verde”.

Para Dani Vega “trátase dunha mellora moi importante, 100 % financiada pola Xunta. Pero non nos vamos quedar aquí. Vamos investir para mellorar e a partires de agora conservar, coidar todo este espazo porque está moi ben xestionar orzamento e mellorar as cousas e todos os espazos, pero a cuestión é conservar e manter todos estes espazos porque senón cada pouco o que estamos gastando é diñeiro público, en vez de conservar estes espazos, que é obriga de todos. Entón outro espazo que estaba abandonado e vamos melloralo entre todos”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...