InicioDeportesI Trail de Ribadeo para o domingo 5 de outubro

I Trail de Ribadeo para o domingo 5 de outubro

A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como unha camiseta conmemorativa e un vaso pregable para todas as persoas participantes.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro domingo, 5 de outubro, terá lugar o I Trail de Ribadeo. Co evento, organizado polo Concello, colabora a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A proba contará con tres modalidades: trail longo (24 km), trail curto (12 km) e andaina popular (12 km). As inscricións, que permanecen abertas ata hoxe, 1 de outubro, poden realizarse a través da web oficial www.trailderibadeo.com. Ata o momento son preto de 200 as persoas inscritas.

A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como unha camiseta conmemorativa e un vaso pregable para todas as persoas participantes.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “con este evento o Concello de Ribadeo aposta por consolidar unha cita deportiva que une deporte, natureza e promoción do territorio, coa vontade de incorporala ao calendario deportivo da Mariña Lucense”. E dixo: “outubro é un bo mes para vir practicar deporte a Ribadeo e para coñecer todas as potencialidades turísticas do noso concello: a paisaxe, a historia, a gastronomía… Ribadeo sempre sorprende ao visitante”.

Na presentación do I Trail de Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o técnico de Deportes do Concello ribadense, Iván Rodríguez, e Ricardo Figueroa, coordinador da organización do I Trail de Ribadeo, da empresa Marmar Outdoor.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...