InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo continúa a súa acción formativa de escaparatismo

ACISA Ribadeo continúa a súa acción formativa de escaparatismo

Desde a directiva de Acisa indican que “cantos mellores sexan os servizos que ofrecemos desde Ribadeo e desde os nosos negocios, mellor será para todas e todos. Iso redundará na boa imaxe que ofrezamos deste concello e do seu tecido empresarial ao resto do mundo”.

Publicada o

- Advertisement -

Continúa en Ribadeo a actividade formativa de Acisa coa segunda sesión do curso de escaparatismo que tivo lugar onte na Aula da Casa da Cultura (rúa Viejo Pancho).

As asistentes puideron deseñar e poñer en práctica os coñecementos recibidos e as recomendacións realizadas por Tamara Casabella, de Academia A Mariña, para facer os escaparates dos seus negocios máis atractivos e orixinais. A terceira sesión do curso de escaparatismo terá lugar o 13 de outubro de 18:00 a 20:30 horas.

O vindeiro luns, día 6 de outubro, desenvolverase a segunda clase do curso de empaquetado.

Ambas formacións, empaquetado e escaparatismo, moi demandadas entre os negocios asociados, son gratuítas. Os cursos están organizados por Acisa, son financiados pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Inglés

Na Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo deu comezo o novo curso de inglés, organizado polo propio centro e por Acisa. Ten lugar os venres de 9:30 a 10:30 horas desde setembro ata o mes de maio. Os contidos que se impartirán estarán relacionados coas transaccións diarias nun establecemento, saudar e despedirse, dirixirse a alguén, describir un produto, dar e pedir información sobre tallas, prezos, pratos, menús, alérxenos, horarios, reservas telefónicas, mails, dar indicacións básicas aos turistas sobre direccións ou destinos, operacións de cobro…

Desde a directiva de Acisa indican que “cantos mellores sexan os servizos que ofrecemos desde Ribadeo e desde os nosos negocios, mellor será para todas e todos. Iso redundará na boa imaxe que ofrezamos deste concello e do seu tecido empresarial ao resto do mundo”.

Gran Canaria

Estes días goza do seu premio en Gran Canaria Iago Edrosa Fernández, de Ribadeo. El foi o gañador da viaxe para dúas persoas sorteada por Acisa no marco da campaña de verán O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que se desenvolveu o pasado mes de agosto. Ata as Illas Canarias viaxou acompañado pola súa familia.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...