InicioOrientalRibadeoRibadeo inviste 1,2 millóns de euros en 2025 para estradas rurais

Ribadeo inviste 1,2 millóns de euros en 2025 para estradas rurais

O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas infraestruturas, sendo coñecedores que hai moitas mal, sendo conscientes de que debemos investir e temos que xestionar moito orzamento porque realmente as infraestruturas non están ben, hai moito que investir"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo inviste 1,2 millóns de euros neste 2025 nas estradas da zona rural. Unha contía xestionada coa Xunta de Galicia e tamén a través do Plan Único da Deputación de Lugo. As vindeiras actuacións terán lugar en Vilaframil, Piñeira, Vilaselán, Cedofeita, Ove ou Remourelle. 

O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas infraestruturas, sendo coñecedores que hai moitas mal, sendo conscientes de que debemos investir e temos que xestionar moito orzamento porque realmente as infraestruturas non están ben, hai moito que investir. Nestes momentos o Concello de Ribadeo xestionou 1,2 millóns de euros. Cales son as dúas vías de financiamento? Unha, a Xunta de Galicia e dúas, a Deputación a través do Plan Único que nos corresponde a todos os Concellos. Son dúas vías que estamos tendo e que evidentemente estamos chegando ou vamos chegar nestes momentos a moitos puntos do noso concello”.

O rexedor explicou que “xa actuamos en Arante, actuamos tamén en Cubelas concretamente en Vilela e nas Anzas, actuamos entre as parroquias de Couxela e Santalla e en Vilaframil. En Vilaframil tamén agora vamos seguir actuando en dúas delas. Tamén en Piñeira concretamente agora en estes momentos no barrio do Vilar. E vamos a actuar en Vilaselán, na Devesa, en Cedofeita, Ove e Remourelle. E así, continuamente investindo e actuando en cada un dos puntos do noso Concello”.

Vega subliñou que “este 1,2 millóns de euros é para este ano. Hai que recordar que vamos licitar tamén nos próximos días a variante de Rinlo, é dicir actuaremos en toda esa estrada que parte está destrozada, ao lado do Camping e do Labelinto, literalmente a terra e rematar a estrada da costa, que está completamente destrozada e intransitable”.

O alcalde considera que “queda moito que facer, moito que mellorar, pero creo que dende a humildade, dende a responsabilidade, vamos seguir mellorando as estradas. Somos conscientes de que queríamos andar máis rápido, pero isto non é así, hai que xestionar, hai que licitar e o importante ou o fundamental é que nestes momentos xa, despois de todo ese proceso, empezamos a traballar. Ese 1,2 millón de euros, significa que hai un Plan Avanza Rural que fai unha aposta clara pola mellora das infraestruturas de seguir coidando o noso rural”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...