InicioOrientalRibadeoA Xunta participa na inauguración do 14º Foro de Innvoación de APAGA...

A Xunta participa na inauguración do 14º Foro de Innvoación de APAGA en Ribadeo

Para avanzar nese obxectivo, dixo, a Xunta "amplía cada curso a oferta de ciclos formativos vinculados á automoción e á electromecánica, reforzando a conexión entre os centros educativos e as empresas", ademais de "fomentar a mobilidade internacional do alumnado galego"

Publicada o

- Advertisement -

 O director territorial da Consellería de Economía e Industria na provincia de Lugo, Gustavo Casasola, participou hoxe en Ribadeo na inauguración do 14º Foro de Innovación e Formación sobre Vehículos organizado pola asociación de profesores técnicos e de ensino secundario de automoción de Galicia (Apaga). As xornadas contan coa colaboración da Xunta.

O representante autonómico felicitou ao colectivo por impulsar un ano máis este encontro no que se “abordan os principais retos e desafíos do sector”, entre os que destacou “a internacionalización e a formación de profesionais capaces de responder ás demandas dunha industria en continua transformación”.

Para avanzar nese obxectivo, dixo, a Xunta “amplía cada curso a oferta de ciclos formativos vinculados á automoción e á electromecánica, reforzando a conexión entre os centros educativos e as empresas”, ademais de “fomentar a mobilidade internacional do alumnado galego”. Por outro lado, mencionou o impulso á mobilidade sostible, con medidas como o Plan Renova para incentivar a adquisición de vehículos eficientes; ou o Plan Moves, para a compra de vehículos eléctricos.

As xornadas desenvólvense ata o venres e contan con relatores de España e doutros países, como Colombia, Italia ou Portugal. Están dirixidas principalmente a docentes e alumnado universitario e de FP; profesionais do sector do automóbil e afeccionados ao mundo do motor.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...