InicioOrientalTrabadaCurso de manipulador de fitosanitarios en Trabada, nivel básico

Curso de manipulador de fitosanitarios en Trabada, nivel básico

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de contar con este tipo de formación no concello: “animamos a participar neste curso, que supón unha oportunidade para mellorar a cualificación profesional e cumprir coa normativa vixente"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada, en colaboración con ARA Formación, pon en marcha un curso de manipulador de produtos fitosanitarios (25 horas, nivel básico) que se desenvolverá entre o 15 e o 20 de setembro, en horario de 16:00 a 21:00 horas. A formación será de carácter presencial e ten un custo de 90 € por persoa.

As persoas interesadas dispoñen de prazo para inscribirse ata o 5 de setembro, podendo facelo a través dos teléfonos 886 203 763 ou ben mediante correo electrónico en vera@araformacion.es e conchi@araformacion.es.

Este curso está especialmente dirixido a todas aquelas persoas que precisen obter a certificación oficial para o uso seguro de produtos fitosanitarios, un requisito cada vez máis demandado no sector agrícola e forestal.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de contar con este tipo de formación no concello: “animamos a participar neste curso, que supón unha oportunidade para mellorar a cualificación profesional e cumprir coa normativa vixente. Apostamos por traer este tipo de accións formativas porque entendemos que supoñen un beneficio directo para a nosa veciñanza e para o desenvolvemento económico do noso territorio.”

Con esta iniciativa, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa formación continua e o apoio ao sector primario, fundamental na nosa comarca.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...