InicioOrientalRibadeoRibadeo ocupa os terreos onde estará o novo centro de saúde

Ribadeo ocupa os terreos onde estará o novo centro de saúde

O seguinte paso será entregarllos á Xunta

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo ocupa os terreos para a construción do novo centro de saúde. Seguinte paso será entregarllos á Xunta de Galicia. O alcalde, Dani Vega, subliñou que hoxe é un día histórico para este concello.

O rexedor contou que “ocupamos os terreos para construír o novo centro de saúde. Eu creo que é un feito histórico porque vamos ter un centro de saúde moderno, vamos ter un centro de saúde con máis servizos sanitarios e evidentemente un centro de saúde mellor ubicado estratexicamente, cunha comunicación perfecta para chegar máis rápido a autovía e así chegar máis rápido a Hospital da Mariña”.

Vega dixo: “un centro de saúde que hai un acordo unánime no pleno municipal, e desde logo a nosoutros parécenos importantísimo dotar de infraestruturas a Ribadeo, de infraestruturas sanitarias e evidentemente que vaian acompañadas de servizos sanitarios. Hoxe ocupamos os terreos que necesitamos para construír ese centro de saúde, evidentemente houbo unha tramitación administrativa que non se ve, pero que é importante e imprescindible para chegar a bo porto e facelo todo perfectamente. A modificación do plan xeral, toda a tramitación de expropiación, que evidentemente é garantista, pero sendo garantista ás veces é moi lenta, pero evidentemente cun traballo constante, continuo e estar nos temas, eu creo que o fixemos en tempo récord”.

O alcalde considera que “este é un día para alegrarnos porque vamos modernizar Ribadeo nas infraestruturas e empezamos por unha infraestrutura prioritria que necesitamos todos, que é o centro de saúde. Repito, novos servizos sanitarios, hai pouco tempo que nos reuníamos co conselleiro e creo que as cousas van en moi boa dirección. Agora ocupamos, vamos entregar para facer a tramitación de rexistro dos terreos propiedade municipal e vamos a entregalos rematando setembro á Consellería e aí firmar o convenio, redactar o proxecto e empezar a construción”.

Dani Vega engadiu: “agora quedan pasos moi importantes, como é a redacción e, sobre todo, evidentemente o que desexamos todos que é a construción do novo centro de saúde. Este é un paso importante, poñer fin a toda a tramitación administrativa para ter os terreos e entregalos á Xunta de Galicia e así ter o centro de saúde que queremos todos”.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...