InicioOrientalRibadeoO goberno local de Ribadeo asumiu 900.000 euros en facturas pendentes do...

O goberno local de Ribadeo asumiu 900.000 euros en facturas pendentes do BNG

O equipo de goberno “non quere entrar en polémicas e segue traballando e facendo moitas cousas. O fácil é desprestixiar ao que está traballando, aos que están impulsando moita actividade"

Publicada o

- Advertisement -

Desde o equipo de goberno ribadense subliñan que “cando chegamos ao Concello tivemos que facernos cargo de 880.000 euros en facturas pendentes de pagar da época do BNG”.

Técnicos municipais e equipo de goberno amósanse sorprendidos polas últimas declaracións dos nacionalistas porque “están faltando á verdade absolutamente neste caso. Deixáronnos sen pagar estradas que fixeron, que tivemos que facernos cargo delas. Deixáronnos sen pagar máis de 100.000 euros en talleres con maquinaria abandonada nalgúns deles. Deixáronnos sen pagar a luz de Nadal do 2022, así como máis de 50.000 euros en facturas pendentes de luz pública”.

Desde o equipo de goberno contan que “os nacionalistas deixaron sen pagar o hangar de piragüismo, tivemos que ir á Deputación para solucionar un problema bastante importante e tivemos que facernos cargo. Deixaron sen pagar todo o relativo á selectividade en Viveiro. Ribadeo debía a súa cota desde o ano 2019 e tivemos que afrontala nós”.

E insisten tanto técnicos municipais como equipo de goberno en que “o BNG falta á verdade. Consideramos que o que teñen que facer é pedir perdón pola mala xestión dos últimos anos. Sorprende cousas como que se estiveran pagando seguros de vehículos, que estaban dados de baixa. É importante a maldade e a falta á verdade que desprenden algunhas persoas”.

O equipo de goberno “non quere entrar en polémicas e segue traballando e facendo moitas cousas. O fácil é desprestixiar ao que está traballando, aos que están impulsando moita actividade. E como non hai outra maneira de facer unha crítica, pois inventamos algo a ver se desprestixiamos”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...