InicioOrientalRibadeoMorre unha muller mentres practicaba mergullo en Rinlo, Ribadeo

Morre unha muller mentres practicaba mergullo en Rinlo, Ribadeo

Activouse un operativo de procura, no que participou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, socorristas de Ribadeo e Barreiros, Protección Civil de Ribadeo, Policía Local, Garda Civil e rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca II

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller duns 60 anos de idade faleceu na tarde deste martes mentres practicaba mergullo na parroquia de Rinlo, no municipio lucense de Ribadeo. A vítima saíu para pedir axuda e despois perdéronlle o rastro.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi unha amiga a que deu a voz de alerta minutos despois das 17,00 horas e explicou que a súa compañeira se meteu na auga para practicar mergullo cando, nun momento dado, saíu a pedir axuda, tras o que a perdeu de vista.

A partir de aí, activouse un operativo de procura, no que participou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, socorristas de Ribadeo e Barreiros, Protección Civil de Ribadeo, Policía Local, Garda Civil e rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca II.

Finalmente, localizaron á muller no interior dunha cova. Tras o rescate, trasladárona á base do Pesca II en Celeiro, pero xa sen vida.

O CIAE 112 Galicia informou de que, debido ao suceso, a amiga que acompañaba á falecida necesitou asistencia médica e que se pediu a axuda do grupo de psicólogos especializados en catástrofes e emerxencias, GIPCE, para informar á familia.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...