InicioOrientalRibadeoIria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

O Goberno galego colabora con esta iniciativa no marco da campaña ‘Para gustos, cultura’ que programa máis de 3.400 actividades en máis de 200 concellos

Publicada o

- Advertisement -

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano, o pregón de Martín Fernandez Vizoso, xornalista e estudoso da emigración da Mariña a América, quen centrou o seu discurso en recoñecer a achega ao desenvolvemento de Ribadeo de Ramón González e doutros retornados e filántropos.

A responsable provincial aproveitou a súa intervención no acto para valorar a oportunidade que ofrece o Ribadeo Indiano para atoparse coa nosa historia e recoñecer o legado social e cultural da emigración.

A area de Cultura da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo apoia a organización do Ribadeo Indiano a través dun colaboración de colaboración con ACISA, que contribúe ao financiamento da decoración das rúas, prazas e negocios con bandeiras, flocos e faroliños e da programación de actividades culturais e musicais como a xincana indiana e o espazo de xogos tradicionais no parque de San Francisco.

A Vicepresidencia da Deputacion de Lugo tamén colabora a través desta subvención excepcional no financiamento da viaxe a México que ACISA sorteará entre a clientela da restauración e o comercio ribadense o domingo, durante o concerto de Los Van Van, que pecha a programacion deste ano.

CONSELLEIRO DE CULTURA

Durante o mesmo acto, o conselleiro de Cultura, José López Campos, salientou a “implicación e entusiasmo” da veciñanza de Ribadeo nun acontecemento que “lembra unha parte moi importante da nosa historia, como son os movementos migratorios”


López fixo fincapé na posta en valor “do legado a todos os niveis, cultura, artístico o arquitectónico, que deixaron os emigrantes retornados”


O Goberno galego colabora con esta iniciativa no marco da campaña ‘Para gustos, cultura’ que programa máis de 3.400 actividades en máis de 200 concellos

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...