InicioOrientalRibadeoRibadeo, exemplo de accesibilidade para a FEMP

Ribadeo, exemplo de accesibilidade para a FEMP

O alcalde, Dani Vega, rexedor explicou que “no encontro que tivemos moitos concellos e tamén provincias de toda España, Ribadeo foi recoñecido como un municipio que nos últimos anos camiñou e fixo o traballo ben feito no tocante á accesibilidade"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo é un exemplo de accesibilidade para a Federación Española de Municipios e Provincias. O alcalde, Dani Vega, participou nun evento celebrado esta mañá en Madrid.

O rexedor explicou que “no encontro que tivemos moitos concellos e tamén provincias de toda España, Ribadeo foi recoñecido como un municipio que nos últimos anos camiñou e fixo o traballo ben feito no tocante á accesibilidade. Falo de mellorar os edificios, de facelos máis accesibles, falo da rampla da Praza de Abastos, tamén máis accesible a Escola de Música con ese ascensor, con esa rampla para que moitas persoas poidan acudir, tamén facer máis accesible o centro de día, o centro social, a praza Pancho Maseda, que ata e agora era imposible acudir, e agora si cunha cadeira de rodas, ou tamén entrando calquera vehículo para que no centro social poida entrar unha ambulancia. Facer máis accesible tamén a biblioteca municipal, ata o de agora non se podía entrar cunha cadeira de rodas, hoxe xa se pode facer”.

Dani Vega subliñou que “melloramos a accesibilidade dos edificios e tamén melloramos a accesibilidade nas rúas. Todas esas melloras que se foron facendo nas rúas, facelas máis accesibles, tamén foi recoñecido Ribadeo. É un orgullo que se fixen en Ribadeo, queda moito por facer, evidentemente, estamos traballando en moitas propostas, en colaboración coa Federación de Municipios e Provincias, pero estamos orgullosos de que se recoñeza o noso traballo, iso é dicir con moita claridade que todos os concellos de España, todas as provincias de España se fixan en Ribadeo por un traballo ben feito. Isto tamén é grazas aos técnicos municipais, tanto o arquitecto do Ari como o arquitecto que leva toda a humanización e urbanización do Ribadeo. Quero felicitar aos técnicos municipais e tamén a Área de Benestar Social, porque está facendo un traballo moi importante de recoller datos e tamén asesorar ao goberno para facer Ribadeo mais accesible.

E engadiu: “repito, estamos diante dun traballo ben feito, pero queda moito por facer, nada de estar evidentemente tranquilos, queda moito por facer porque as persoas son o centro da nosa actividade e polo tanto creo que entre todos debemos facer a Ribadeo moito máis accesible”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...