InicioOrientalRibadeoPresentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agradecer o convite do alcalde para participar neste acto. Agardamos que sexa un bo verán para todos, que a xente sexa respectuosa coas indicacións do servizo de salvamento, socorrismo e seguridade, e que respecten ao máximo o medio ambiente e os espectaculares paraxes naturais que van atopar en Ribadeo"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu ao izado da bandeira azul na praia das Catedrais. O acto contou coa asistencia de socorristas, técnicos sanitarios, persoal de limpeza dos areais e de obras, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil, o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente, Seguridade e Turismo, Diego Dos Santos, Montse Seijo e Marta Saiz, así como a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. 

O rexedor dixo que “Ribadeo conta cun plan de seguridade para estes meses, onde se incrementa considerablemente a poboación. Por iso socorristas, Policía Local, Protección Civil e Garda Civil queremos coordinar todo un plan de seguridade. Importante tamén é a colaboración entre as administracións e traballar arreo e traballar conxuntamente onde o mes de xuño, xullo, agosto e tamén setembro Ribadeo incrementa a súa poboación”.

Vega declarou: “cumprir os parámetros de seguridade, cumprir toda a normativa e garantir a seguridade ese é o obxectivo claro do Concello de Ribadeo. Durante estes meses qué estivemos facendo? Preparando a todos os socorristas, Ribadeo é único Concello que xestionou o curso de socorristas e foi gratuíto para todos. Tamén incrementamos os meses de contratación, 3 meses de contratación aos socorristas, e incrementamos os seus salarios. Iso é o que fai posible que o hoxe Ribadeo conte con socorristas, 100 % todos son socorristas e polo tanto iso é algo a destacar. A Policía Local, Guarda Civil e Protección Civil á organización e á cooperación conxunta para garantir a seguridade en todos os areais, nas rúas de Ribadeo e tamén nos eventos, que Ribadeo ten moitos e de moita calidade”.

O alcalde engadiu: “creo que a coordinación, creo que o traballo, durante estes meses para conseguir un plan organizado, un plan de seguridade, creo que é un bo traballo. Seguir traballando e, evidentemente, traballar nese Ribadeo seguro que queremos todos”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agradecer o convite do alcalde para participar neste acto. Agardamos que sexa un bo verán para todos, que a xente sexa respectuosa coas indicacións do servizo de salvamento, socorrismo e seguridade, e que respecten ao máximo o medio ambiente e os espectaculares paraxes naturais que van atopar en Ribadeo. Imos recibir nas vindeiras semanas a milleiros de turistas aos que atenderemos da mellor maneira posible desde os negocios locais deste concello”.

O servizo de salvamento, composto por 14 socorristas e 3 técnicos sanitarios, velará pola seguridade nas praias ribadenses entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Dani Vega deulle esta mañá é benvida a todo o persoal que traballará este verán.

O acto concluíu co izado da bandeira azul, que un ano máis loce a praia das Catedrais, e cunha foto.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...