InicioOrientalRibadeoO alcalde de Foz pide respecto ás forzas de seguridade ao voceira...

O alcalde de Foz pide respecto ás forzas de seguridade ao voceira do PP

Publicada o

- Advertisement -

O goberno municipal de Foz pídelle ao voceiro do Partido Popular “algo de decencia”, que respecte o traballo das forzas de seguridade e que “deixe de intentar inflamar o pobo”.

“Castiñeira xa non se acorda do acontecido en xullo do ano 2016, cando acusou directamente, actuando como xuíz e parte, a unhas persoas dos altercados nas festas do Carme de San Martiño, con oito persoas implicadas nunha pelexa, e reclamaba publicamente actuar á Garda Civil”, lembra o alcalde, Fran Cajoto, que engade: “ante varios incidentes que agora están saíndo á luz pública, estamos en conversas coas forzas de seguridade e actuando con responsabilidade. O que lle pido a todas e todos é que ante calquera conflito o trasladen ás forzas de orde público ou a min como alcalde. Tranquilidade, deixar traballar aos profesionais na materia ante calquera delito ou falta que se poda producir. O PP fixo o mesmo co episodio dos okupas do 2021, tamén coa carpa do Carnaval ou coa mellora das rúas. O que non debería xogar en ningún caso Castiñeira é coa seguridade ou co nerviosismo dos seus conveciños. O labor do voceiro da oposición está sendo nefasta, demostra unha irresponsabilidade tremenda, impropia de alguén que ostentou a alcaldía”.

Fran Cajoto explica que “o Concello fixo unha xunta de seguridade o 20 de febreiro e reunirémonos as veces que faga falta. Esta semana programamos unha xuntanza coa Garda Civil e vamos seguir traballando cos responsables da seguridade para garantir unha vila tranquila, como é a nosa”.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...