InicioOpiniónOPINIÓN: O BNG reclama ao goberno de Ribadeo de rexeitar o galego

OPINIÓN: O BNG reclama ao goberno de Ribadeo de rexeitar o galego

Publicada o

- Advertisement -

De novo o goberno municipal de Ribadeo volve insistir en usar o castelán como lingua vehicular. Nesta ocasión, deseñou unha campaña desde a Concellaría de Benestar Social, Saúde e Familia sobre diversos perigos que poden afectar á mocidade (sobre os riscos do uso indebido das redes, videoxogos…), totalmente en castelán. É moita ousadía que ao longo desta semana, ao longo das últimas semanas, desde hai xa un tempo, hai quen desde o goberno municipal aposta decididamente pola retirada do uso do galego incumprindo así a ordenanza municipal que regula o mesmo.

Xa o ano pasado puidemos comprobar que comezaba a aparecer sinaléctica en castelán. Xa na semana pasada volvemos atoparnos con máis sinaléctica en castelán. En actos institucionais, nos que se representa o concello, úsase sen miramento ningún o español obviando que cando unha persoa ostenta un cargo de responsabilidade débese á institución á que representa, non está alí a título persoal.

Chove sobre mollado. Cada vez máis, semella que “Galicia Bilingüe”, agora xa descaradamente “Habla español”, está a tomar o pazo do marqués de Sargadelos. De que serve tomar posesión ao compás da marcha do Antigo Reino de Galiza se despois promoves e consentes atropelos coma este? Daniel Vega desenténdese completamente da promoción e uso do idioma galego. Poderá pronunciar os discursos que queira con motivo das celebracións institucionais das Letras Galegas. Pero a súa credibilidade, a do seu goberno, está polo chan por actitudes como estas que agora denunciamos. Queiman os remanentes, non son quen de rematar as obras a tempo.

Dálles por cortar árbores caprichosamente e de xeito masivo… E agora empréndena coa lingua galega. Non son dignos do seu cargo. Ribadeo merece máis.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...