InicioOrientalRibadeoXVIII Ribadeo de Tapeo inclúe vinte e un locais hostaleiros

XVIII Ribadeo de Tapeo inclúe vinte e un locais hostaleiros

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, dixo que “este sábado arrinca unha das citas máis agardadas da primavera no noso concello, o Ribadeo de Tapeo"

Publicada o

- Advertisement -

Do 10 ao 18 de maio terá lugar o XVIII Ribadeo de Tapeo no que participan 21 locais hostaleiros.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, dixo que “este sábado arrinca unha das citas máis agardadas da primavera no noso concello, o Ribadeo de Tapeo. Por diante teremos dez días para saborear todas as propostas doces e salgadas que poderemos atopar nos 21 establecementos participantes”.

A edil ribadense subliñou que “as tapas, que terán un prezo de 3 euros, serviranse durante un período de 4 horas ao día, que pode ser a mediodía, pola tarde ou unha combinación de ambas posibilidades, dando así a opción a todos os establecementos de hostalería e restauración a poder participar independentemente das súas condicións e posibilidades. Un xurado profesional elixirá as catro tapas gañadoras e haberá, como ven sendo habitual, a tapa do público, que será a máis votada pola clientela dos locais participantes no XVIII Ribadeo de Tapeo”.

Os establecementos que se dan cita no Ribadeo de Tapeo 2025 son: Barallocas, Cayo Coco, Ramonita, Rosa Lar, Parador de Ribadeo, Galicia, El Oviedo, Kalpa Amodiño, Mesón D’ Cata, Marinero, La Bugalla, Mareta, La Flor de Jose, La Quinta, O Indiano, Fumarel, El Rincón del Gordo, Araucaria, Copacabana, O Furancho no Camiño e Voar.

Saiz contou que “o pasado martes xa tivo lugar o asesoramento en todos aqueles locais que o solicitaron da man do cociñeiro Álvaro Villasante, membro do Grupo Nove, e que conta cunha ampla traxectoria e recoñecementos profesionais”.

E engadiu que “nesta edición dividimos o Ribadeo de Tapeo en tres zonas: A Larpeira, A A Lambereteira e A Lambisqueira. O público poderá elixir, coma sempre, a súa tapa favorita. Poderá facelo votando co seu teléfono móbil a través da aplicación Ribadeo de Tapeo despois de escanear o código QR que atopará en cada local ou cubrindo o cartón correspondente que despois depositarán nas urnas habilitadas para este fin en cada local. Para poder votar será preciso degustar un mínimo de 5 tapas dunha mesma zona. Entre todas as persoas que o fagan sortearanse, coma sempre, interesantes agasallos: almorzos, tapeos, estoxos de vermú e de viño… Tamén teremos o premio larpeiro de ouro, que será aquel que complete a ruta do tapeo nos 21 locais participantes e haberá premios exclusivos para as votacións rexistradas a través da aplicación móbil, que consistirán en 5 premios de 50 euros e ademais contaremos con premios para os máis pequerrechiños da casa: a ruta Picariño Lambón, na que os nenos e nenas de ata doce anos poderán optar a dous lotes de libros”.

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, anima “a ribadenses, ás veciñas e veciños da contorna e aos visitantes a saborear as propostas gastronómicas que atoparán no Ribadeo de Tapeo do 10 ao 18 de maio”.

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...