InicioOrientalRibadeoXX Xornadas Mar por Medio: Academia Xacobea e Ribadeo preparan o encontro

XX Xornadas Mar por Medio: Academia Xacobea e Ribadeo preparan o encontro

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “as xornadas reivindicarán o Camiño de Santiago como encontro de culturas, como unión dos pobos, comezando por Galicia e Asturias, seguindo por España e Reino Unido”

Publicada o

- Advertisement -

A Academia Xacobea e o Concello de Ribadeo están a preparar as XX Xornadas Mar por Medio, que se desenvolverán o vindeiro mes de setembro na vila. Con este importante evento colaboran a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Oviedo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “as xornadas reivindicarán o Camiño de Santiago como encontro de culturas, como unión dos pobos, comezando por Galicia e Asturias, seguindo por España e Reino Unido”.

A edil ribadense contou que “a programación, que está en fase de elaboración, incluirá conferencias, mesas redondas, concertos e como novidade un roteiro cultural”.

En Santiago de Compostela tivo lugar unha xuntanza de traballo na que participaron o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís; o presidente de honra da Academia Xacobea, Xesús Palou; o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; e as concelleiras de Cultura e Seguridade, Begoña Sanjurjo e Montse Seijo.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...