InicioOrientalTrabadaDetidos os presuntos autores dun roubo con forza en Trabada

Detidos os presuntos autores dun roubo con forza en Trabada

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detén a dous veciños de Lugo, como supostos autores dun delito de roubo con forza nas cousas.

A investigación policial iníciase tras ter coñecemento de que o pasado mes de febreiro os presuntos autores accederon, tras violentar os peches e ocasionar outros danos pendentes de valoración, a varios contedores situados no termo municipal de Trabada, lugar onde se está construíndo un parque eólico.

Neste ilícito os presuntos autores subtraen ao redor de 600 quilogramos de cable de cobre, estimándose a suma do importe do material roubado nuns 11.000 euros.

As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Garda de Mondoñedo

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...