InicioEconomíaACISA Ribadeo renova o convenio de colaboración con Banco Sabadell

ACISA Ribadeo renova o convenio de colaboración con Banco Sabadell

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo e Banco Sabadell procederon a renovar o convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen desde hai anos.

En virtude deste acordo establécese un marco de colaboración para dar resposta ás necesidades de produtos e servizos do ámbito bancario para os  asociados da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, cunha ampla oferta con produtos de financiamento en condicións preferentes.

Desde Acisa Ribadeo “estamos moi satisfeitos coa renovación deste convenio que beneficia amplamente aos nosos asociados e asociadas”. Asinaron a renovación a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e Jesús González, responsable de Banco Sabadell en Ribadeo.

Ao acto asistiron o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e Fernando Vieiro, responsable de Colectivos de Banco Sabadell.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...