InicioOrientalRibadeoA II Mexillonada de Rinlo será o 18 de abril

A II Mexillonada de Rinlo será o 18 de abril

A II Mexillonada está organizada pola asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Rinlo acollerá a segunda mexillonada o vindeiro 18 de abril, Venres Santo. Dará comezo ás 12:30 horas na carpa instalada na praza de San Pedro. Haberá servizo de bar con ReyMa, de Riotorto. A amenización musical correrá a cargo de Festicultores e Alejandro Martínez.

A II Mexillonada está organizada pola asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.

O alcalde, Dani Vega, anima a participar nesta cita: “é unha alternativa gastronómica para a Semana Santa, que se irá consolidando pouco a pouco. O ano pasado resultou moi ben e agardamos repetir éxito neste 2025. Convidamos a veciños da contorna e a visitantes a achegarse a Rinlo o vindeiro 18 de abril”.

No acto de presentación participaron o rexedor, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e representantes de O Cantal.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...