InicioOrientalRibadeoPresentada a Semana Santa de Ribadeo

Presentada a Semana Santa de Ribadeo

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “a Semana de Santa de Ribadeo é moi de fe, moi espiritual e moi nosa”

Publicada o

- Advertisement -

O Salón dos Alcaldes acolleu a presentación da Semana Santa de Ribadeo. A programación desenvolverase do 11 ao 20 de abril.

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “a Semana de Santa de Ribadeo é moi de fe, moi espiritual e moi nosa”. Agradeceu “todo o traballo que se fai desde a parroquia” , tivo palabras de recoñecemento para a labor realizada por Salvador Fernández e subliñou que “esta é a primeira vez que a Semana Santa de Ribadeo se presenta no Concello”.

O párroco de Ribadeo, Gonzalo Varela, aludiu “ao trasfondo franciscano das Semanas Santas” e lembrou que “Ribadeo é unha vila esencialmente franciscana”. O pregón terá lugar o 12 de abril e será pronunciado polo profesor ribadense xubilado Roberto Rodríguez. O Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, presidirá o Vía Crucis o Luns Santo.

O autor do cartel da Semana Santa 2025 é o pintor ribadense Juan Monteavaro.

Salvador Fernández, da Confraría da Semana Santa de Ribadeo, destacou o traballo de todos os colectivos e voluntarios implicados nesta cita así como as colaboracións coas que contan. Ademais animou “a participar na Semana Santa de Ribadeo” e contou que a misa de Dores estará dedicada ao cofrades falecidos. Fernández fixo unha chamada: “precisamos levadores para as procesións e tamén xente que toque os tambores”.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...

Ribadeo iniciará en breve as obras na rúa Buenos Aires con apoio da Consellería do Mar e Portos de Galicia

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, agradece a colaboración da Consellería do Mar e...